Descarga a App

Descarga a App

App que acompañará ao participante nos eventos organizados pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Trátase dunha ferramenta de interacción con todos os axentes do sistema sanitario de Galicia, onde se poderá atopar a seguinte información relativa aos eventos organizados por ACIS:

  • ​Inscrición online nos eventos.
  • Axenda da xornada/evento.
  • Perfil dos relatores.
  • Realización de preguntas aos relatores.
  • Información loxística e instrucións de chegada.
  • Listaxe de asistentes.
  • Documentación de interese e presentacións dos relatorios.

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia. Intelixencia colectiva para mellorar o sistema público de saúde de Galicia.

  • Pode descargar a App a través de Google Play (dispositivos Android):

App Acis Eventos en Google Play.

  • Tamén dende iTunes (dispositivos iOS):

App Acis Eventos en Itunes.

  • Ou acceder o contido dende a seguinte ligazón:

Acceso ao contido.

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde