Presentamos a Guía de Consultas ao Mercado 4.0, a cal recolle directrices, recomendacións e boas prácticas acerca das consultas preliminares ao mercado.
A nova "Guía práctica de consultas ao mercado 4.0: reinventando as consultas ao mercado" ten como obxectivo transferir a experiencia do Servizo Galego de Saúde a outras entidades públicas, dado que foi a primeira entidade española en realizar unha consulta preliminar ao mercado no marco de Compra Pública de Innovación (CPI) no ano 2012 e nestes anos seguiu innovando e incorporando recomendacións dos axentes participantes.
Clic AQUÍ para descargala.