Que é Código100

Que é Código100

Código100 é un plan de innovación centrado no envellecemento, unha das máximas prioridades da nosa comunidade.

Galicia presenta unha tendencia ao envellecemento da poboación maior que outras rexións españolas e europeas, así como un crecemento demográfico negativo. A cifra actual de poboación con 65 ou mais anos representa un 23% da poboación total galega nun contexto no que a esperanza de vida cada vez é mais alta.
As estimacións do INE para o ano 2020 sitúa a este grupo de poboación nun 24,5%. Os retos sanitarios aos que se enfronta Galicia obrígannos a actuar de forma rápida. O envellecemento e a vida saudable pasaron dunha necesidade futura a realidade perentoria.

Codigo100 adiántase ao futuro, imaxinando, transformando e implementando novos códigos de innovación dirixidos a unha poboación envellecida co ánimo de converter  a Galicia nunha rexión de referencia en innovación en envellecemento activo. Unha rexión onde se poida vivir con calidade 100 anos e onde se innova para alcanzar este fin.

Lonxe de buscar impactos puntuais a través de proxectos illados, o gran valor do plan reside en promover un modelo de innovación centrado nun reto común e capaz de integrar a todos os membros do sistema, desde os profesionais sanitarios aos pacientes.

Os procedementos de compra pública innovadora, terán un papel fundamental, e axudarannos a seguir construíndo un sistema sanitario capacitado para para liderar o envellecemento activo e saudable.

Este plan  conta cun orzamento de 13 millóns de co-financiados por fondos do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. 

 
"FINANCIADO NUN 80% POLO PROGRAMA OPERATIVO PLURIRREXIONAL DE ESPAÑA FEDER POPE A TRAVÉS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO MINISTERIO DE CIENCIA, INNOVACIÓN Y UNIVERSIDADES “CÓDIGO 100”