Iniciativas que incrementen as competencias dos profesionais, modernicen o sistema e fomenten unha cultura innovadora.
Centrada nos profesionais sanitarios que son sen dúbida o activo máis importante de calquera organización sanitaria, a liña pretende desenvolver ferramentas para a xestión de profesionais en base a competencias, personalizar a súa formación e ao mesmo tempo xestionar o talento sanitario dende o punto de vista organizativo e de recursos humanos.
Isto permitirá optimizar e aproveitar ao máximo, a través de ferramentas innovadoras, a experiencia e o coñecemento adquiridos polos profesionais no desempeño das súas funcións. A liña aposta por unha organización intelixente e sólida baseada na calidade, o talento e a cohesión do seu equipo humano.
Ficha de avance - Xestión de profesionais.pdf
Tendencias aprendizaxe sanitario.pdf
Benchmark Xestión RRHH por competencias.pdf