Día 12 de Xullo ás 12:00 horas.
Lugar: Salón de Actos do Servizo Galego de Saúde.
Edificio Administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela.
O SERGAS convoca unha Xornada de presentación do Mapa de Demanda Temperá do Plan de Innovación Sanitaria Código100, que ten como obxectivo a difusión das fichas de avance e mapa de demanda temperá, obtidas como resultado das consultas de mercado. Estes documentos, anticiparán as intencións de contratación previstas proporcionando así un adianto ao mercado sobre as necesidades tecnolóxicas a cubrir por parte do Plan de Innovación Sanitaria Código 100.
O aforamento é limitado. As prazas reservaranse por orde estrita de inscrición.
Rógase confirmación:codigo100@sergas.es
Confirmarase a inscrición por parte do SERGAS a través de correo electrónico.
Programa en arquivo adxunto.