ACIS recibe no nome do Sergas dous premios Amparo Poch 2019: á mellor iniciativa de CPI en Saúde polo Plan de Innovación Sanitaria Codigo100 e á mellor CPI en Saúde pola Asociación para a Innovación en Codigo 100
O pasado 24 e 25 de outubro tivo lugar no Paraninfo da
Universidade de Zaragoza a segunda Edición do Congreso de Compra
Pública de Innovación no Sector Saúde, promovida polo
Instituto Aragonés de Ciencias da Saúde IACS, en conxunto coa
Universidade de Zaragoza e a Cátedra de IACS de CPI.
Este punto de encontro, entre profesionais de diversos ámbitos do
sector público e privado e expertos de Innovación e contratación
pública, foi escenario dun enriquecedor debate sobre a
introdución da innovación na lóxica dos procesos da
Compra Pública de Innovación e dun espazo para o intercambio de experiencias
das distintas entidades participantes neste tipo de proxectos
innovadores.
Durante o congreso, tivo lugar a primeira edición dos Premios
Amparo Poch de Compra Pública de Innovación, coa finalidade de recoñecer
o esforzo das institucións públicas por implantar o
uso da Compra Pública de Innovación, onde os participantes
podían optar indistintamente ás seguintes modalidades:
Os Premios Amparo Poch destínanse a proxectos innovadores, tanto
finalizados como en fase avanzada de desenvolvemento e que supoñen unha
mellora substancial en saúde ou para o modelo asistencial.
A primeira xornada do Congreso deu comezo cunha mesa de debate, na que sentaron as bases para entender en que consiste e como leva a cabo un proceso de Compra Pública Innovadora (CPI) e as súas distintas modalidades e coa realización dun taller práctico que permitiu mergullarse aos asistentes nun proceso de consultas ao mercado e coñecer de primeira man os retos e reviravoltas deste proceso.
Na segunda Xornada do Congreso, expuxéronse os puntos crave da elaboración de pregos e da súa execución, para a continuación poñer o foco de atención sobre o Procedemento da Asociación para a Innovación. É neste punto, onde da man de Pilar Morgade (Directora da área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria da Axencia de Coñecemento en Saúde "ACIS"), deuse a coñecer en detalle a experiencia do Servizo Galego de Saúde, co procedemento da Asociación para a Innovación empregado na liña de terapias de Código 100 e no marco do cal levaron a cabo dous dos tres únicos casos adxudicados en España ata o momento:
Test Multimarcador que permita a caracterización Molecular de tumores
de pacientes con cancro de pulmón
Dispositivo multicanle para a resección avanzada de tumores
rectales mediante endoscopia flexible e cirurxía endocópica
transanal.

A continuación, deu comezo o acto de entrega do I Premio Amparo
Poch, no que o Servizo Galego de Saúde presentou as súas dúas
iniciativas de CPI nas que resultou finalista co Plan de Innovación
Sanitaria Código 100 e a Asociación para a Innovación
en Código 100.
O broche final do Congreso tivo lugar co anuncio das
iniciativas gañadoras e coa correspondente entrega de premios,
por parte de Sandra García Armestos, Gerardo García Álvarez e
Alberto Gil, onde o Servizo Galego de Saúde resultou galardoado
nas dúas modalidades:
- Mellor Compra Pública de Innovación en Saúde
Nesta modalidade resultaron premiados a Asociación para a
Innovación de Código 100 do Servizo Galego de Saúde xunto co
servizo de lavandería intelixente do Hospital Clínico
Universitario Lozano Blesa do Servizo Aragonés de Saúde.
Neste último apartado, resulta premiado novamente o Servizo Galego de Saúde polo seu Plan de Innovación Sanitaria Código 100. Así mesmo, a Plataforma da mellora da compra pública de innovación (PiPPi) do Hospital Universitario Vall d´Hebrón, é recoñecida tamén cun accésit nesta categoría.

"CODIGO 100 adiántase
ao futuro imaxinando, transformando e implementando novos códigos
de innovación"