“Café Networking Código100”

"Café Networking Código100” é un encontro informal con profesionais onde se darán a coñecer as novas iniciativas da CPI (Compra Pública Innovadora) destinadas a cubrir as demandas asistenciais estratéxicas para Galicia, relacionadas co desenvolvemento de solucións no campo biotecnolóxico e biomédico, a detección precoz e axuda á terapia persoalizada no campo da oncoloxía, neuroloxía e reumatoloxía, organizado pola ACIS (Axencia Galega de Coñecemento en Saúde) e SERGAS (Servizo Galego de Saúde de Galicia).

Se tes interese en participar, envía un correo antes do 18/12/2018 a codigo100@sergas.es
Se queres seguir a sesión por skype indícao na túa inscrición sinalando o teu ID de Skype.

Presentación Alicia Piñeiro Redondo Asociándonos para innovar

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio